Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Relatos da Fundación: Emigrar de novo

Relatos da Fundación: Emigrar de novo

Seguimos repasando a problemática da emigración dende os ollos dos nosos cativos, traendo as obras gañadoras do I Concurso de Relatos da Fundación Fernando Blanco, e non deixamos de sorprendernos de como captan e describen as emocións que xenera a marcha dun ser querido.

Xa limos “Pegadas galegas polo mundo”“Amor pola familia”“Lonxe da terra” e “Cousas que quedarán sen saberse”. Hoxe Toca ir de novo ata o IES Maximino Romero de Lema, de Baio, para o 2º premio da Categoría B (ESO), que recaeu na nova Nuria Vilariño Lema, co seu "Emigrar de novo", que recupera unha circunstancia que volve estar tan de actualidade.

"Emigrar de novo", de Nuria Vilariño Lema

A-baiesa-Nuria-Vilarino-Lema-levou-o-2-premio-da-ESO-no-Concurso-de-Relatos-da-Fundacion

Setenta e dous anos atrás, outros tempos, outro mundo, un pobo sen voto, sen liberdade, unha ditadura dirixida polo xeneral máis robusto, xeneral da nosa terra. Sen dereiro a elixir, sen dereito a exercer unha profesión por ser muller. Aló polo 1939, no final da Guerra Civil, as parellas despedían ó seu amor, pois case ningunha delas regresaba despóis de loitar. Contan no pobo de Castro, entre cordilleiras e serras nevadas de Lugo, que unha mañá, unha fría e anubrada mañá, un home viron achegarse ó cemiterio. Un home que daquela era fraco, de pel morena como o azucre, que levaba ó lombo a arma de combate e a capa negra furada polas balas que tempo atrás conseguira esquivar aquel corpo escuálido. Estaba alí, preto do camposanto, cando ó agardar polo cadelo que o seguía, observou a aquela dama que estaba de costas e anicada. Era de pelo dourado e ondulado, de pel clariña coma a area, vestida cun traxe vello, un mandil desaliñado. A rapaza, logo de colocar o ramo sobre o sepulcro, xirouse e ollou ó varón que diante se impoñía. Aquela pel clariña cambiou de ton, igual que a do home. Camiñaron, un cara o outro, paseniño.

Mirarse, sorrir e acordarse daquel apaixoante bico que de mociños deran, cando él fora destinado á guerra. A bela muller, que nada cambiara, amosoulle con esguello o panteón, que alí xacía, pensando que o home que agora diante vía estaba morto.

Soubera diso nun telegrama no que decía que o daban por desaparecido. Por aquela razón, a muller mandara facer unha tumba para rememorar día a día aquel amor que de mozos viviran. Agora sentía felicidade, sentía “bolboretas bailando no estómago” como dicían naqueles tempos. Máis, a volta do seu home non o era todo para compracela. A pobreza nos pobos, despóis da Guerra Civil, deixara a moitas familias sen pai, e moitas outras sen alimento. Algunhas parellas amañábanse cunhas colleitas de patacas, millo, pementos, … que despóis trocaban con outros cidadáns a cambio de la e outras teas para vestir. Máis ela vivía cos seus pais e unhas colleitas non serían suficientes para sobreviviren moito tempo. Iso fíxolle recapacitar a él, quen decidiu irse cara América para atopar aló un traballo co que mandar diñeiro a Galicia e así manter a familia. Non era mala idea, pero ela non quería volver a separarse dél, máis, se aquilo os salvaría da miseria, estaba disposta a facelo.Dúas mañás despóis, colleu o coche de liña ata Vigo. Dende alí embarcou ata o Norte de Arxentina para buscar un traballo e unha vivenda.

Instalouse en Tilcara, unha viliña preto de Bos Aires, onde atopou traballo de obreiro na construcción. Os tempos na Arxentina eran moi bos, como antes da guerra en Galicia, pero comenzaba a sentir morriña, sentía nostalxia da súa terra e da súa amada. Pensaba recuar, pois a vida en Tilcara era moi diferente a que él estaba habituado. Nos falaba con máis ninguén dende que saía do traballo, e as noites só facíanselle moi longas. Máis soñaba con regresar pronto, de formar aló unha familia xunto a ela; pensaba nos seus rubios cabelos e naqueles ollos fermosos e azuis que o namoraran cando era mozo. Pero a soidade non perdoaba e aínda que buscaba un compañeiro co que pasar algunha tarde, non conseguía esquecer os soños de viaxar, de retornar pronto.

Os tempos en Galicia eran moi duros, e él ben comprendía que a posibilidade dunha volta sería un risco que non estaban dispostos a correr. Moitas familias galegas emigraran a Bos Aires, Brasil, Cuba, Venezuela…, e xa non eran moitas máis de dez as que quedaban en Castro.

Cada vez máis cidadáns emigraban cara América en busca de traballo, e como había tantas persoas, as cidades comenzaron a industrializarse, e con elo empezaron a abrirse pequenos comercios de roupa, algúns supermercados, bares, … Era un gran oportunidade de invertir nun bo comercio, máis a súa vida estaba en Galicia, e emprender un negocio significaba asentarse na Arxentina. Quería consultalo coa súa dona, pero as cartas tardaban moito tempo en chegar ó seu destino e él precisaba unha resposta xa.

A posibilidade de exercer de constructor nunha empresa facilitaba que todos os meses poidera enviar diñeiro á familia, sempre que o negocio funcionara ben. A ilusión de ser xefe dun negocio facíalle esquecer uns instantes a nostalxia que tiña da súa terra galega.

Mentras que Arxentina comezaba a súa industrialización, aínda tiña tempo para decidir se o proxecto ía adiante ou non, máis as ganas de ter unha empresa apropiáronse dél, e uniuse á transformación da cidade. Empezou amodo, cun pequeño comercio de materiais de construcción, no que puxo todo o seu empeño para ampliar canto antes. O negocio íalle estupendamente e púxose en mente, agora que o seu proxecto xa funcionaba, traer a vivr á Arxentina a súa muller. Aló foi noutro barco ata a vila de Castro onde llo propuxo a ela. Quedou abraiada, tanto tempo sen falarse, sen bicarse, sen ollarse un ó outro… Sabía que sería complicado non sentir nostalxia da súa Galicia, máis ir vivir xunto del…

Na Arxentina vivían daquela empresa de construcción e dunha pequenas horas que ela facía traballando nunha fábrica textil. Non moito tempo despois de asentarse os dous alí, concebiron ó seu primeiro fillo. Era un rapaz delgado e de pel seca, como o pai, máis tiña os ollos azuis e os cabelos rubios igual ca nai. Era un rapaz moi agudo, alto e atento. Ademais de aprender castelán, algúns días o pai ensináballe galego. Contáballe os costumes da zona, como era de verde a vexetación, os montes, os campos de trigo que preto da corte se encontraban. Faláballe do cabazo que construíran tódolos veciños para gardalas colleitas, do muíño grande que había no Monte do Paso, do lavadoiro onde as mulleres, coma a súa nai, ían lavala roupa, dos refráns e das lendas sobre o San Xoán. Describiulle a catedral de Santiago, os penedos de Pasarela, as dunas de Corrubedo…

A morriña de Galicia non desaparecía, máis cada vez estaba menos presente no día a día. O rapaz comezaba os estudos cando naceu o segundo fillo. Era outro neno, pero máis grandiño e parecido ó pai. Era moreno, de pel escura e de ollos marróns. Medrou xunto ó outro irmán, quen lle explicou todo canto de Galicia sabía, todo o que tempo atrás lle contara o seu pai.

A empresa do pai seguía cun bo avance, o que facilitou pagar a universidade ós dous fillos. O maior exerceu a carreira de arquitecto para poder desempeñar un traballo no negocio familiar, pois encantáballa debuxar, e dende cativo soñaba con construir unha escultura de dous homes cunhas maletas de viaxe, en siñal de tódolos galegos emigrados a América, e colocala na praza do Obradoiro, para que tódolos cidadáns rememoraran aqueles anos de malos tempos na comunidade autónoma. O rapaz maís novo estudou para exercer de aparellador co mesmo sono que oirmán.

Ó finalizalos estudos, os pais xa non eran novos e decidiron deixarlle ós fillos a empresa, pois os dous rapaces estaban formados para facerse cargo do negocio. Residirían os dous na América, mentras que os pais retornarían a Galicia para vivir alí a súa xubilación.

Nun veleiro embarcaron os dous ata o porto de Vigo. Alí estaban lembrando os tempos pasados, os tempos que lles fixeran migrar. Recordaban o baúl, aquel baúl onde levaban algo de roupa e moito espazo baleiro, e que aínda tiñan gardado na América.

O pobo de Castro, onde antes residían, estaba case deserto. Poucos habitantes quedaban na zona. Moito lles doeu ver que as veciñas coas que ela falaba, ou os homes cos que él ría no bar, xa non estaban. Ver que aqueles campos verdes xa non eran desa cor. Eran marróns, marróns porque as excavadoras e as pas destruíran aquel entorno natural.

Aquela morriña que sentían por Galicia, por aqueles montes, polas fortes choivas, a neve xélida do inverno… cambiara. omenzaban a botar en falta máis o de fora, sentían nostalxia pola América. Todos os anos vividos na Arxentina cambiaran a súa forma de vida. Todo o ruído das cidades, os motores contaminantes,… todo aquilo era para eles agora a súa terra. Estiveron algúns meses na vila, pero quixeron retornar a América. Faltábanlles os fillos, a súa alegría no día a día, o negocio, a cidade….

Retornaron a América e continuaron alí a súa vida a carón dos seus fillos. A volta a Galicia non resultara pracenteira, pero ó retornar volvía a sentir añoranza do pobo. Eran galegos, pero América déralles unha oportunidade cando máis o necesitaran; sentíanse pois estranxeiros nos dous lugares, porque Galicia estaba case esquecida, máis América nunca fora a súa verdadeira terra, e aínda que alí vivían ben, o seu pasado era verde, cheo de choiva e montañas. Era escuro como as fragas galegas, máis tamén era tenebroso como o asubiar do lobo nas noites de lúa chea.

Pasou o tempo e a situación económica na Arxentina comezou a empeorar. Algúns comercios pechaban e outros mantíñanse con poucos productos. O negocio familiar comezou a non render tanto e os rapaces tiveron que barallar outras ideas. Querían vivir alí, trabalando na empresa, pero a pobreza que comezaba a asolar a cidade e a inseguridade que se estaba a vivir na rúas, fíxoos matinar en saír cara Europa.

A decisión de emigrar para continuar os estudos e buscar un porvir fixo reflexionar ós pais, fíxolles volver a cavilar naquel adeus que tanto tempo atrás dixeran eles. Vían con ollos echidos de emoción que a historia daqueles dous mociños se volvía a repetir. Que a historia daqueles pais, cheos de engurras, comezaba de novo moito tempo despóis. E iso encheunos de tristura porque eles coñecían mellor que ninguén a loita interior á que estaban a punto de enfrontarse os seus pequenos. Por que emigrar é loitar contra un mesmo, contra os sentimentos, contra unha vida… É marchar en busca de algo que non atopas, partir para cumprir soños…

“Máis non hai que mirar atrás, se temos que partir, retornar non é a solución” – dixo a nai na porta de embarque –.

  • Nuria Vilarino Lema, do IES Maximino Romero de Lema de Baio. 2º premio da Categoría B (ESO) no I Concurso de Relatos da Fundación Fernando Blanco.

Outros Relatos da Fundación

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Colaboración entre a Fundación Fernando Blanco e QPC.

Comentarios