Martes. 15.10.2024
El tiempo

Fernando Fraga segue levando a música de acordeón por lugares míticos da Costa da Morte

Fernando Fraga segue levando a música de acordeón por lugares míticos da Costa da Morte

Continúa Fernando Fraga levando grandes clásicos do acordeón por lugares míticos da comarca. Xa estivo gravando na Capela do Pilar de Corcubión no Museo Fernando Blanco de Cee e mais no Museo da pesca de Fisterra, deixando un legado de fermosas pezas musicais e audiovisuais, gravadas da man do corcubionés Marco Lado.

Desta vez, volcouse nunha nova aventura sonora cunha obra tan importante na historia da música española, como "Asturias" de Isaac Albéniz (1860-1909). E faino nun marco inmellorable como çe p emblemático castelo de Vimianzo, mostrando a súa impresionante arquitectura e a labor que os artesáns desempeñan dentro do Castelo.

A obra elexida deste famoso pianista e compositor, un dos máis importantes maestros españois da segunda metade de século XX, é a quinta das oito pezas para piano que forman a Suite Española Op. 47. Foi compuesta hacia 1886 e, a pesar do seu título, a súa música lembra aos rasgos do flamenco andaluz.

Ademais de formar parte do repertorio habitual de moitos pianistas, esta obra tamén adaptouse para moitos outros instrumentos, sobre todo para guitarra, existindo unha gran cantidade de gravaciós desta obra. Aquí, Fernando toma como base a adaptación para acordeón do acordeonista ruso F. Lips, modificando algún pasaxe para intentar conseguir que o resultado musical estivese máis preto a versión orixinal para piano.

Comentarios