Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas

Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas
Infantis do ACB Costa da Morte Ferroatlántica levaba anos apoiando ao ACB Era un segredo a voces, pero parece facerse unha realidade. A empresa Ferroatlántica está retirando o apoio económico a certas entidades deportivas. Un apoio encadrado no marco da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e que servía dende hai moitos anos para manter á veciñanza orgullosa de ter unha factoría como a de Cee-Dumbría. Así nolo confirma o presidente do club Asociación Comarcal de Baloncesto (ACB) Costa da Morte, que vén recibir unha carta, asinada polo Director Javier Vázquez Carro, na que expresamente sinala: “debido á situación coxuntural na que estamos inmersos, resúltanos imposible continuar co convenio de colaboración asinado en 2015. É o noso desexo que no futuro poidamos retomar o noso apoio”. Outras entidades como o U.C. Cee ou a Escola de Vela Cataventos e Club de Vela Carrumeiro apuntántonos que viven unha situación semellante coa empresa. Unha situación que deixa en situación complicada a moitos dos clubs e asociacións tanto deportivas como culturais coas que colaboraba a única potente empresa da contorna, esa que xera arredor dun 20% do PIB da comarca fisterrá.

Historia do Caso Ferroatlántica

Fonte

Comentarios