Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un "Fondo de Armario" que ensina e descubre en Cee

Un "Fondo de Armario" que ensina e descubre en Cee
Pesa da exposición "Fondo de Armario" no IES Fernando Blanco de Cee Arte plástica, roupa vella e unha enorme capacidade creativa. O IES Fernando Blanco ven de abrir ao público a exposición "Fondo de Armario" . Unha creación feita polo alumnado de Debuxo Artístico de 2º Bacharelato e directamente relacionada coa violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres. Composta de escanogramas expostos en perchas con anacos de pantalóns vaqueiros de fondo, a exposición busca unha dobre función; a meramente pedagóxica unida a reivindicativa, diante da lacra que representa a violencia de xenero. Segundo a dirección do centro, "A idea baséase en que tódolos individuos debemos ter claros certos conceptos básicos de respecto as mulleres, como básicas son as prendas que se consideran fondo de armario, e os vaqueiros son prendas universais usadas tanto por homes como por mulleres".  

Comentarios