Fumes do Cal renova a directiva

10:20 23/12/22
Este sábado 24 de decembro, antes da cea de Nadal, a xente de Ameixenda ten unha cita importante. A SDCR “Fumes do Cal” vén de convocar unha Xunta Extraordinaria para as 17:00h na Casa da Cultura da parroquia ceense para a renovación da Xunta Directiva.
Esperan que sexan moitas as persoas que participen para escoller entre as candidaturas, para permitir que siga vivo o proxecto que naceu hai máis de 20 anos.