Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco entregou as súas comprometidas becas

Foto de familia do IES Fernando Blanco
Foto de familia das Becas do IES Fernando Blanco-Foto: Rafa Quintáns
A Fundación Fernando Blanco entregou as súas comprometidas becas

Fermosa e motiva mañá de venres a desenvolvida no salón de actos do IES Fernando Blanco, con motivo da entrega das VIII Becas- Premios Fernando Blanco correspondentes ao curso 2018-2019, as cales están organizadas conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e polo IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración varias firmas comerciais (Estación de Servizo Bazarra, Abanca, Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L. (Mapfre Seguros), Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).

O acto contou coa presenza da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo, do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Jesús Oitavén Barcala, do Inspector Xefe do Servizo territorial de Inspección Educativa da Coruña, Iván Mira Fernández e da Inspectora de Educación do I.E.S. Fernando Blanco, Magdalena Duarte Blanco, de representantes de todos os establecementos colaboradores (eles foron os encargados de entregar as becas), integrantes do Padroado da Fundación, representantes do Concello de Cee, profesorado do IES Fernando Blanco, familias e alumnado de 1º F.P. Básica, 3º da ESO, 1º de Bacharelato, 1o de Ciclo Medio, 1º e 2º de Ciclo Superior, que encheron ata a bandeira o centenario salón de actos do centenario instituto ceense.

Cheo no IES Fernando Blanco
Foto-Rafa Quintáns

O acto coincidiu co 223 aniversario do nacemento do mecenas Fernando Blanco de Lema, servindo de recordatorio da súa importante figura. Despois do discurso, e da entrega, os alumnos premiados depositaron un centro floral na tumba onde repousan os restos do fundador, situada na capela do instituto.

Dario Areas alma da Fundacion Fernando Blanco
Darío Areas, secretario da Fundación-Foto-Rafa Quintáns

As Becas

As Becas-Premio Fernando Blanco están destinadas a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no instituto ceense. As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,83 e o 9,85. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5,

Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

Os premiados nesta octava edición das Becas-PremioFernando Blanco foron:

  • LAURA CERNADAS GÓMEZ (2º ESO)
  • XABIER LARRAÑAGA LEDO (1º BACHARELATO)
  • BRAIS VELAY VÁZQUEZ (1º BACHARELATO)
  • CONSTANTINA CASAIS CARAMÉS (1º CICLO MEDIO – XESTIÓN ADMINISTRATIVA)
  • ​ALEJANDRA JUDITH COS RODRÍGUEZ (1º CICLO SUPERIOR - ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

A familia dunha das premiadas
A familia dunha das alumnas becadas-Foto-Rafa Quintáns

Comentarios