Guadalupe Vázquez conversa coas mulleres de Quilmas
07:51 09/02/23
"Conto de Quilmas" é un libro singular. Unha conversa gramática, histórica, patrimonial, natural, que Guadalupe ten cas súas maiores de Quilmas, nas que a mestra e escritora costeira pon en valor todo ese patrimonio inmaterial que hai na vila carnotá.
E tras publicalo o pasado mes de decembro, Guadalupe xa ten data para a primeira presentación: será o venres 17 deste mes ás sete da tarde na Casa de Cultura de Cee.
Con ela estará Pura Galán Boutureira, Coordinadora Territorial dos Equipos de Dinamización da Lingua galega da provincia da Coruña. E ademais proxectarán un vídeo ao final da presentación con fragmentos do libro lidos pola autora e con música de fondo do mestre de música Fernando Fraga.
Novas relacionadas
- Dcembro 22: Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.