Guadalupe Vázquez, gañadora dun premio do IX Concurso de relatos curtos de AFAGA

A AFAGA, Asociación Galega de Alzheimer, vén de anunciar os gañadoras do IX Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria”. E na categoría en galego, temos gañadora costeira, que non é outra que Guadalupe Vázquez Formoso. A mestra do CPR Manuela Rial, natural de Quilmas, levou o primeiro premio co seu “Voa, avoa”, que segue a liña dos seus libros.

A temática escollida para este ano foi: “A interxeracionalidade”. "O teu relato reflicte perfectamente a interxeracoonalidade, amósaa dunha forma moi tenra e cun marabilloso uso da linguaxe", sinalan dende o xurado.

 

Novas relacionadas