domingo. 01.12.2024
El tiempo

@s pequen@s fill@s da Ruña

Presentacion Fillas da Runa no CPI Mazaricos-Foto-Juan Louro
Foto-Juan Louro
@s pequen@s fill@s da Ruña

A escritora e docente do CPR Manuela Rial Mouzo (Cee) presentou este mércores 10 de maio a súa “obra máis recente, “Filla da Ruña” a nenos e nenas de educación primaria do CPI da Picota, Mazaricos.

Unha divertida lectura por parte da mestra foi acompañada dunha serie de actividades dinámicas para os pequenos – seguindo a liña de libros anteriores – nas que todos eles participaron activamente.

Reivindicación do rural

”O libro é unha homenaxe ao mundo rural e á natureza, simbolizado neste caso no verxel natural do Monte da Ruña (Mazaricos) e nos moitos tesouros que alberga”, sinala a propia Lupe, que agradeceu a acollida do centro educativo da Picota así como o labor dos membros da ANPA e de Juan Louro, quen cedeu as fotografías para o libro e que tamén estivo presente no acto, xunto co propio fillo da autora, Antón, “que sempre me axuda coas ilustracións e aportando ideas.”

“Todos temos unha Ruña no noso interior e debemos protexela; non podemos deixala morrer”, conclúe docente, “Debemos reivindicar aquilo que fomos e que somos”.

Fillas da Runa no CPI Mazaricos-Foto-Juan Louro

Novas relacionadas

Comentarios