Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Identifican a varios veciños por concentrarse en Cee polo refererendum

Identifican a varios veciños por concentrarse en Cee polo refererendum
Concentracion pola III Republica en Cee

Tremeu todo o estado, trala sacudida da nova da abdicación do Rei. Na Costa, apenas uns poucos valientes, como Louzán, se atreven a opinar. Se o “tuiter˝ ferveu dende o mesmo momento que se coñeceu a nova, parece que na Costa da Morte aínda nos costa sacar os debates.

Ao mediodía xa estaban convocadas manifestacións nas cabeceiras de comarca de toda España. Manifestacións para pedir o referendum, para que o pobo fale, para que o pobo poida votar se quere seguir vivindo con rei ou quere proclamar un estado republicano, como varios dos partidos máis votados levan pedindo dende hai anos.

Madrid e Barcelona, por poñer dous exemplos, viviron manifestacións multitudinarias. Tamén se viviron concentracións masivas na Coruña, e o Obelisco recuperou o alento daqueles días do 15M.

Na Costa da Morte o BNG convocaba unha concentración na Praza 8 de marzo de Cee. E aló acodían uns 50 veciños, con bandeiras galegas, berrando pola III República, ou pola República Galega.

A situación máis estrana aconteceu xa contra o final da concentración. A Garda Civil, que se mantivera expectante ata ese momento, decidiu comezar a identificar manifestantes. “Ordes da Delegación do Goberno”, escoitaron os manifestantes estupefactos, que non entenden por que non poden sentarse na Praza ceense e pedir un referendum.

Polo menos, o debate está na rúa, que iso é o máis importante, que se poida debater con respecto de ideoloxías.

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios