Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride
Canto ten cambiado a Costa da Morte neste último lustro gracias ao traballo das bravas da Organización feminista Buseranas. Este pasado sábado 5 de marzo, volveron demostrar a súa relevancia social ca organización da I Gala Solidaria do Día da Muller, que xuntou danza, poesía, música e cine no auditorio da Casa da Cultura de Cee. Todo, celebrando o Día Internacional da Muller que se celebra cada 8 de marzo, e intentando conseguir, a base de cultura e educación, que esta emotiva data sexa moito máis que unha efeméride.
A gala comezou cun baile da Agrupación Breogán de Brens que encandilou aos moitos veciños asistentes que case encheron o auditorio.
Era tempo para o cine, e Susana Arins, do colectivo Implicadas no desenvolvemento presentou o documental “Cambia de papel”, no que varias mulleres narran en primeira persoa como son as súas condicións de vida na India.
A propia Susana Arins comentou un pouco o documental, animando ao público a implicarse, a colaborar para que a sociedade " cambie de papel”.
Tomou protagonismo a poesía, da man das poetas Marta Dacosta, Rosalía Fdz. Rial e Concha Blanco, que recitaron poemas seus e tamén poemas de escritoras da cultura támil, lingua dun dos estados do sur da India.
Pandeiretas Millo Verde na Gala da BuseranaA música púxoa Millo Verde coas súas combativas pandeiretas que tocaron tres pezas e rematou o acto coa lectura do comunicado de Buserana, que convertiu a xornada non só en solidaria, senón tamén en reivindicativa. Ao remate do acto sorteáronse produtos da ONG, entre as persoas asistentes, e ademais, a recaudación da xornada (de ventas de produtos no posto da entrada e rifa donativo) vai integramente para os proxectos de “Implicadas no desenvolvemento”.
Buserana quere agradecer publicamente a colaboración xenerosa e solidaria de tódalas persoas que participaron e fixeron posible o desenvolvemento desta gala.
Novas relacionadas
- Para que o Día da Muller sexa algo máis que unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).