Impresionante Gala humorística solidaria con Palestina en Cee
10:20 15/12/10
Tremenda a "Gala Cómica Solidaria por Palestina" que se vai celebrar este xoves 16 decembro no Salón de Actos do Concello de Cee ás 20:00h no Salón de Actos do Concello de Cee. Organizada pola ONG Pallasos en rebeldía, e achegada ata a Costa da man do activo Mohamed Safa, a gala trae de novo á palestra a difícil situación do pobo palestino. Pero faino con humor e con solidariedade pois a recaudación (a entrada custa 5€) irá integramente á ONG.
Serán nada menos que Xosé Touriñán, a Mucha do Luar, o que leve o peso da presentación esta gala pertencente ao 1º Festival Internacional de Pallasos en Rebeldía Festiclown Palestina 2010-2011. Pero serán moitas as caras coñecidas, como as de Talía Teatro, que tamén participarán solidariamente.
Amenizarán musicalmente Los 7 magnificos + 1 e A Compañía do Ruido, Trasno, Mentalini e o mago Dani García.
Venda entradas
- Reserva e venda anticipada no 981 745 100, extensión 3. Ou na Concellería de Cultura, Concello de Cee 2º andar.
- Venda na billeteira do Salón de Actos 2 horas antes.