Luns. 29.04.2024
El tiempo

Inaugurada unha nova estación meteorolóxica en Brens

231122 estacion meteroloxica Cee 1
Inaugurada unha nova estación meteorolóxica en Brens

Esta mañá inaugurouse unha nova estación meteorolóxica no porto de Brens, en Cee. Unha das 157 estacións coas que contan MeteoGalicia e a Xunta para rexistrar e prever as incidencias meteorolóxicas.

Estas instalacións permiten medir parámetros como a temperatura, humidade relativa, precipitacións, vento, radiación solar, presión, etc. Ademais, esta nova instalación incorpora unha nova sonda de temperatura e humidade relativa, un sensor de vento no alto dun mastro de 10 metros, unha sonda de presión, un piranómetro para medir a radiación solar global e dous pluviómetros.
Estes datos, que quedan rexistrados cada 10 minutos, ademais de servir para realizar as predicións diarias por parte de Meteogalicia.

A maiores, esta estación permite rexistrar o vento de fondo da ría a nivel do mar polo que en tempo real -a través da web de Meteogalicia- se achega información
ao centro de control das operacións de carga e descarga, o que permitirá definir as condicións de seguridade necesarias en cada unha das actividades que habitualmente se realizan no porto. E, ademais, subministrará datos relevantes para prever incidencias climatolóxicas nunha área onde hai catalogadas potenciais zonas de inundación.

Comentarios