Venres. 29.03.2024
El tiempo

Instalan un novo TAC no Hospital Virxe da Xunqueira

Instalando un novo TAC no Hospital de Cee
Instalando un novo TAC no Hospital de Cee
Instalan un novo TAC no Hospital Virxe da Xunqueira

O pasado mes de agosto a Xunta de Galicia adquiriu, dentro do programa de renovación dos recursos tecnolóxicos que está a levar a cabo nos hospitais comarcais da rede sanitaria galega, un novo TAC para o Hospital de Cee.

Este novo equipo, cun valor de 408.000 euros, está destinado a renovar a tecnoloxía xa dispoñible no hospital pero que contaba cunha antigüidade superior aos 10 anos. As melloras prestacionais que ofrece redundarán na calidade da asistencia que se presta no centro sanitario ceense.

Comentarios