Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Irene Alonso e Iván Villar achegan a Cee, xunto a DaFIT, o flamenco

Inquedanzas en Cee
Inquedanzas en Cee
Irene Alonso e Iván Villar achegan a Cee, xunto a DaFIT, o flamenco

Este sábado 5 de outubro 20.00hs, nace en Cee o espectáculo Inquedanzas. A Casa da Cultura acolle esta obra dirixida por Irene Alonso, que trata de achegar outras danzas como é o ballet clásico, as sevillanas e o flamenco ampliando e diversificando así os horizontes artísticos da rexión.

A apertura estará a cargo dos grupos de ballet iniciación de Dafit dirixidos pola profesora Andrea Maceiras Varela. Andrea formouse en Suiza na escola dánzase Monique Van der Roer e en Noia na escola de danza Oitos.
De seguido toca a presentación dos alumnos de sevillanas e flamenco de Dafit dirixidos pola profesora Irene Alonso.

Logo será o momento da gala de flamenco que contará coas actuacións de Irene Alonso e a participación especial de Iván Villar xunto ao grupo de baile flamenco da Casa de Andalucía na Coruña.

Irene Alonso

Irene Alonso directora e productora de Inquedanzas é unha recoñecida bailaora internacional de Flamenco, que desenvolveu a súa carreira artística en Bos Aires, Barcelona, Madrid, Londres, Rio de Janeiro, Dublin, Belfast e Manchester entre outras cidades. En Rio de Janeiro foi profesora de Flamenco no Instituto Cervantes durante 8 anos, sendo a precursora do baile en devandito organismo gobernamental español.
Así mesmo, dirixiu o exitoso ciclo de espectáculos "Flamenco Puro" que contaron coa participación de renombrados artistas do Flamenco como: Farruquito, Compañía de Antonio Gades, Compañía de David Morais, Antonio Fernández Montoya "Farru" entre outros grandes.
En 2016 protagonizó a obra de teatro "Woman with a suitcase of salt" dirixida por Loli Ros Gordon no o Samuel Beckett Theater en Dublin, Irlanda; onde fixo unha residencia artística durante 7 meses impartiendo clases de Flamenco no Instituto Cervantes de Dublín. 
Actualmente reside en Cee, onde imparte clases en Dafit e segue viaxando activamente ao resto do mundo a ensinar esta arte.

Iván Villar

Iván Villar nacido en Brens, Titulado en grado profesional danza contemporánea conservatorio CDAN (LUGO), Titulado en flamenco en APDE (Madrid), bailarín dá compañía (Ballet galego Rei de Viana), bailarin do Centro Coreográfico Galega, na compañía Nova Galega de Danza, na compañía "Entrecaixas". Ten suma experiencia como docente, profesor de folclore galego na agrupación "Falcatrueiros" de Monterroso (Lugo), é profesor de folclore galego na agrupación "Foliada de Salto" en Vimianzo, é profesor de folclore galego na agrupación "Airiños do Río Grande" de VImianzo, e é mestre de flamenco e sevillanas na Casa de Andalucía da Coruña. 

Novas relacionadas

Comentarios