Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Entrevista cun ceense na vangarda da danza do país

Entrevista cun ceense na vangarda da danza do país

Iván Villar é natural de Brens, Cee. Bailarín de profesión, compaxina a súa actividade entre a súa compañía Entrecaixas e a recoñecida Nova Galega de Danza. A súa traxectoria no mundo da danza en Galicia está sendo espectacular e dende QPC nos preguntamos como un veciño de Brens se codea coa elite artística do país.

  • Como naceu o teu amor co baile e coa danza? Supoño que Brens, lugar cunha canteira espectacular, xa fixeras os teus primeiros "pinitos".

Todo comezou cando se creou a "Escola de Danza Breogán" de Brens en 1987 con Ricardo Rey como mestre de baile.

  • Cando te decidiches a intentar vivir desto?

No 1997 xurde a oportunidade de facer unha proba de acceso para o ballet galego "Rey de Viana". Despois duns meses de ensaio coa compañia recibo unha beca de estudios e máis adiante paso a formar parte do grupo de contratados do ballet galego ata a súa desaparición no 2007.

  • Residente na Coruña, pero como "costimorteño", volves cada fin de semana á casa?

Eu resido en A Coruña xa que a sede das compañías onde traballo está nesta cidade. De todas formas os venres dou clases na "Escola de Danza Breogán" e xa de paso...

  • Doble actividade artística a túa, recuperando o baile tradicional en Entrecaixas e na vangarda da danza coa Nova Galega de Danza. Que tal se leva?

O das dúas compañías lévase ben xa que "Entrecaixas" é unha evolución persoal do folclore galego, pero non é tradicional o que facemos xa que ten unhas raíces claras no estilo do ballet "Rey de Viana". Con "Nova Galega" facemos unha fusión da tradicion e o contemporáneo. Tamén traballo coa compañia de flamenco "El Taller", co espectaculo "Rosas Negras" e teño un proxecto conxunto con Nelson Quinteiro cun concepto máis minimalista chamado: "Danza e Contradanza" coa compañía "Contra2".

  • Estaremos atentos. E coa Nova Galega de Danza seguides co traballo "Tradicción", que está a ter unha repercusión realmente importante. Como é o traballo para preparar un novo espectáculo como este de "Tradicción"?

É un traballo que tivo un ano de montaxe. Ensaiamos unhas 5 horas diarias e o último mes adoita ter un horario máis esixente xa que temos probas de vestiario, maquillaxe, ensaios xerais cos músicos, técnicos, etc.

  • Que supón para ti traballar nun grupo coma este?

Para min é moi importante traballar con "Nova Galega" xa que hoxe por hoxe é a compañía privada máis forte do panorama galego. Dende os seus comezos fun un gran seguidor de "Nova Galega" tanto co espectáculo "Engado" coma con "Alento". Posteriormente no 2008 Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomert ofrecéronme a posibilidade de formar parte de "Nova Galega".

  • E a onde queres chegar personalmente?
Persoalmente espero continuar con estos proxectos ata que o corpo aguante. Así mesmo estou estudando o 4º curso da carreira de flamenco en Madrid. Espero dedicarme a docencia cando me retire dos escenarios.

  • E cara onde cres que vai a danza contemporánea en Galicia?

En Galicia estanse facendo cousas interesantes, creo que o público é o que ten que facer unha criba para ver se o que se fai funciona ou non funciona. O importante é que se fagan cousas e o espectador dirá si gusta ou non.

  • E en que andades en Entrecaixas?

Con entrecaixas estamos presentando o espectáculo "Miniaturas". Actuaremos en Portugal en febreiro.

  • E disque Entrecaixas tamén estivo presente na FITUR. A promocionar o baile tradicional? E xa de paso, podemos pedirche unha valoración da presencia da Costa da Morte na Feira?

Estivemos en "Fitur". Foi unha moi boa experiencia xa que nos saíron varias ofertas de traballo coa compañía. Tamén é un pracer amosar o que se fai en Galicia. Xa levamos varios eventos con "Turgalia" e a verdade é que traballan con unha profesionalidade e unha atención impresionante.
E sobre a presencia da bisbarra na Feira penso q foi moi acertada a presencia da Costa da Morte en "Fitur" xa que é unha zona con moito potencial turístico que temos que dar a coñecer.

  • E volvendo para rematar á Costa, cóntasnos o teu recuncho favorito da bisbarra?

A "Moa" ou "Monte Pindo" paréceme un sitio máxico.

Nova Galega de Danza Orquestra de Jazz de Galicia Moliñeira de Bazal

E aquí vos deixamos cun vídeo onde podedes disfrutar da maxia deste grupo de danza:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios