Licitado o proxecto de creación dunha rotonda no cruzamento de Pereiriña
Unha rotonda no cruzamento da Pereiriña. Así se visualiza no proxecto que vén de licitar a Deputación da Coruña no marco das obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-2303 en Bermún, no Concello de Cee. Cun orzamento de 647,220,11 euros, acometerase a construción da rotonda, a mellora e ampliación das beirarrúas e a renovación dos servizos.
Será unha rotonda de 28 metros de diámetro exterior e 12 metros de diámetro interior.
Ademais, renovarase o pavimento da senda de aglomerado existente e prolongarase esta cara o sur, ata o cruce coa estrada AC-552, e cara o norte, neste caso por ambas marxes da vía, construíndo dúas sendas de 2 metros de ancho ata a finalización do núcleo de Bermún, dotándose na marxe esquerda dunha banda de aparcamentos en liña.