![]()
O vindeiro domingo, día 22 de xaneiro, entre as 17 e as 18 horas, terá lugar na casa da Cultura de Lires unha charla formativa en materia de reciclaxe organizada pola asociación Pedras Miúdas de Cee.
Baixo o lema
"Isto non é unha lata", Sogama e Ecoembes - impulsores da campaña - buscan fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Supón un paso adiante nas campañas postas en marcha desde o ano 2012.
Novas relacionadas
Fonte
Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Asociación Pedras Miúdas