Lobelos-Corcubión, Patrimonio Histórico: 250m
Fixo caso a Xunta ás peticións do Concello de Corcubión sobre a colocación dun sinal de Patrimonio Histórico antes da entrada da VAC caraa Sardiñeiro (non era sen tempo, pois o Concello mandou a carta en novembro). E aí a vemos, ben situadiña, xusto antes de entrar na rotonda que nos permite coller a autovía ou baixar cara Cee e Corcubión.
Pero estes días as redes sociais están algo confusas, unha vez que o sinal indica unha distancia enigmática: 250 metros.
Ata onde? ata Corcubión? ata a rotonda? parece que nin unha nin outra coinciden, e entrementres os veciños se seguen sorprendendo.
Isi si, o máis importante é que os visitantes que cheguen pola estrada saberán, antes de tirar cara o segundo punto máis visitado do país, que aló embaixo, Corcubión ten un Patrimonio Envexable, e só comparable nesta zona ao muradán.
Así, o Concello amósase moi contento do se traballo, e o Concelleiro de Cultura, Pepe Louro Pais quere "agradecer a colaboración e a boa vontade do Conselleiro para dar cumplimento desta reivindicación de Corcubión". Apunta Louro: "Con isto pretendemos que os turistas que visitan a nosa bisbarra teñan un maior coñecemento das características da nosa vila (declarada pola Xunta conxunto histórico-artístico e municipio turístico galego) e non nos deixen de visitar logo da apertura da nova estrada a Fisterra".
Novas relacionadas
- 23-11-11: Corcubión solicita sinais indicadoras do seu patrimonio na entrada da VAC a Sardiñeiro.
- Fotodesfeita: Pintadas inadmisibles en Corcubión.
- Unha sobre fusión: 8 Novos Concellos formarían a Costa da Morte.
- A Marea Blanca volve poñerse o mono para limpar a Ría de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Foto de José Igancio Castanedo.