Xoves. 02.04.2020
El tiempo

Fotodesfeita: Pintadas inadmisibles en Corcubión

Fotodesfeita: Pintadas inadmisibles en Corcubión

Como ben comenta a través das nosas redes sociais "hai outros foros axeitados para mostrar a disconformidade para cun Alcalde". Pero recorrer ao patrimonio público, ao paseo marítimo dunha vila, á fachada por onde milleiros de visitantes nos coñecen, non é admisible. E máis cando nas pintadas inclúen acusacións, dende o anonimato, de que dous traballadores municipais "follan no Concello".

Unha veciña do lugar facíanos chegar estas fotos do paseo marítimo. E a liberdade de expresión está moi ben, pero que se utilicen os espazos públicos para insultar e calumniar é inadmisible.

Ao parecer estas pintadas estedéronse polo Faro tamén ao longo da fin de semana, e agardemos que se eliminen de contado.

O BNG desmárcase das pintadas

Dende o BNG local apuraron para facer público o seu total rexeitamento ante as pintadas. Susana Trillo, responsable Local afirmaba que "nin compartimos o que se di, nin como se di, nin que se estropee así o mobiliario público. Parécenos deleznable que cheguemos a estes extremos, é patético. Nós, dende logo, nos desmarcamos totalmente desta clase de formas e sempre utilizamos outros canles".

Novas relacionadas

Outras novas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

comentarios