Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Marea Blanca volve poñerse o mono para limpar a Ría de Corcubión

A Marea Blanca volve poñerse o mono para limpar a Ría de Corcubión

Xa os vimos ata na tele da man de Isabel Coixet. E en breve os veremos de novo armados con aqueles monos brancos. Esperemos que desta volta non manchen de negro chapapote, pero de seguro que as mans as manchan lixeiramente.

I é que o vindeiro sábado 2 de xuño moitos daqueles heroes anónimos veñen participar nas XIII Xornadas de “Limpando as nosas rías”. Unhas xornadas que como recoñece o seu armadanzas, Luís Rodríguez, Presidente da Asoar-Armega, "é unha das herencias que nos deixaron todos os voluntarios. É o legado medioambiental e solidario que deixou a Marea Branca, despois da catástrofe do Prestige".

Emotivísimo será pois velos axundando ao pescadores (xa hai 6 embarcacións da zona compometidas), e aos buzos voluntarios que se sumerxirán nas augas da ría de Corcubión, como fixeron xa no 2009 sacando 12 toneladas de lixo dos fondos mariños.
E emotivísimo será o acto da tarde, xa que despois da limpeza, e do xantar común no Restaurante Praia de Quenxe, compartirán experiencias nun reencontro en clave medioambiental que se celebrará ao longo da tarde, e sen hora de remate, na Casa da Cultura de Corcubión.

Todo, nunha xornada artellada pola ASOAR-ARMEGA no marco do proxecto “Galicia en color – Rede de reencontros 10 anos despois” promovido pola Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM)

Programa da Xornada de Limpeza

A xornada de limpeza ven enmarcada dentro do proxecto "Limpando as nosas rías" que a Entidade vén levando a cabo dende o ano 2007, e que nesta ocasión está coofinanciado pola Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio de Agricultura Alimentación y Mediambiente, colaborando ademais no seu patrocinio Ferroatlántica e o Concello de Corcubión.

A actividade comezará no porto de Corcubión ao redor das 10:00 da mañá onde se repartirán as tarefas das embarcacións, mergulladores e voluntarios que traballen en terra:

  • 11:30 (hora estimada) procederase as tarefas de descarga e clasificación dos residuos extraídos.
    - Ademais terán lugar diferentes actividades de educación ambiental; - Taller de identificación e recuperación das especies mariñas adheridas aos residuos.
    - Divulgación dos resultados obtidos en outras xornadas de limpeza.
  • 13:30: Devolución das especies mariñas recuperadas ao seu hábitat natural.
  • 14:00: Xantar.

Programa do Reencontro do Voluntariado da Marea Blanca

Ao redor as 16:30h do mesmo sábado 2 de xuño voluntarios e voluntarias da Marea Branca reencontraranse na Casa da Cultura de Corcubión onde haberá conferencias sobres a realidade ecolóxica dez anos despois do Prestige. Tamén se realizará un coloquio sobre as experiencias e vivencias durante as tarefas de limpeza e rexeneración de hábitats como consecuencia do naufráxio.

O voluntariado chegado de fora poderá pasar a noite no pavillón polideportivo municipal de Corcubión ou nos establecementos adheridos ao proxecto “Galicia en Color” que contan con prezos especiais para os voluntarios.

Ao día seguinte visitaranse lugares onde hai 10 anos se realizaron tarefas de limpeza de fuel, e explicarase o seu procedemento. Asoar – Armega e Galicia en Color deixan as portas abertas de participación a tódalas persoas que queiran colaborar na limpeza do fondo mariño de Corcubión ou nas xornadas de conferencias e coloquio que terá lugar pola tarde.

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios