Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Loli Toja: "É unha gran satisfacción conseguir que aumenten o servizo de diálese no HVdX de 8 a 24 pacientes diarios"

Loli Toja: "É unha gran satisfacción conseguir que aumenten o servizo de diálese no HVdX de 8 a 24 pacientes diarios"
Dende que rematou o verán a deputada do PSdG, a laxesa Loli Toja, non tivo parada. Leva mes e medio completo, levando moitas problemáticas da Costa da Morte ao Parlamento Galego. Preguntámoslle por unhas cantas: A Deputada socialista laxesa Loli Toja A Deputada socialista laxesa Loli Toja leva un mes de vertixe levando problemáticas costeiras ao Parlamento Galego   As últimas novidades que temos é que se deu o primeiro paso adiante, en canto a exposición pública do impacto ambiental do proxecto. Agora parece que é para o 2019. O certo é que hai un compromiso da Xunta para levalo a cabo, que leva anos orzamentándose sen executarse. Mentras tanto, os mariñeiros cada vez que hai temporal, teñen que marchar a Camariñas, porque o porto de Laxe non é seguro, cos custes que implica, e os incovenintes. E tamén hai que ter en conta que mentras se fala dragado non se fala da solución definitiva para o porto e a Praia de Laxe. O dragado é un parche onde hai un problema grave, que cada día medra.  
  • QPC: E continuamos en clave de actualidade. O PSdG non se ten, por agora, manifestado demasiado sobre a vaga de lumes. Considera que a política forestal da Xunta de Galicia está favorecendo a propagación dos lumes? Cre, coma o presidente Feijoo, que a culpa é de 4 tolos pirómanos?
Dende o noso grupo defendemos que falar únicamente de intencionalidade é un erro. É momento de reflexionar sobre a ausencia de política forestal de Galicia, Unha xestión baseada na improvisación, e na extinción e non na prevención. En canto ao mar que me afecta mais directamente como portavoz de pesca, demandamos que se Pola en marcha medidas para evitar que as cinzas cheguei ao mar contaminando o marisco e peixe, vía activacion do plan Camgal.   Os prazos foron marcados polos [email protected], cos cales nos reunimos ao día seguinte de solicitar a entrevista, onte mesmo, e xa temos rexistrada pregunta en Comisión en canto a qué vai facer O Goberno. Hai que ter en conta que Calvo ten recibidas subvencións da Xunta. O ERE presentarase a principios de novembro. Espero que a resposta social sexa contundente, porque para Outes, Noia, Muros e Carnota, o impacto do peche da fábrica, sería importante. 100 traballadores é un número importante para unha Comarca. Pola nosa parte, imos levalo a Comisión e facer unha pregunta no pleno do día 7.  
  • QPC: Falando de Coristanco. O PSdG reaccionou e expulsou ao edil Abraham Gerpe dous días antes da polémica moción de censura, pero un escrito do propio Abraham Gerpe sinalando que ese documento de expulsión non era válido foi suficiente para permitir que levase a cabo unha moción que o erguiu de alcalde, xa como parte do grupo dos non adscritos. O PSdG xa presentou un recurso contencioso-administrativo contra a moción. Que cres que pasará?
Iso está agora nun proceso xudicial, o que ten que decidir é o Xuiz coas probas que se presenten. Pola miña banda, nunca estiven de acordo con pactar co PP, simplemente porque se trata de proxectos que non son iguais.   Hai un compromiso por parte do Presidente da Deputación, porque a nosa portavoz socialista en Cee Margot Lamela, así llo pediu, para unha axuda económica que permita a realización das obras necesarias para apertura da piscina. Agora a solución depende Alcalde de Cee e do seu Goberno.   E ademáis hoxe pódoche anticipar, con gran satisfacción, que como froito do traballo realizado, que están previstos 12 postos de diálese, a dobre turno, o que implicaría 24 persoas atendidas! Pasamos de 8 a 24! E con relación aos quirófanos tamén está previsto, que antes de finalizar o ano, vaise proceder a mellora dos quirófanos. Margot Lamela e eu, dende o principio, falando cos afectados, con persoal do Hospital, entendimos que se trataba dun tema grave que requería unha solución urxente. Saber que se vai ampliar o servizo de diálise, que haberá pacentes que poderán recibir o tratamento en Cee, en lugar de na Coruña, ou Santiago, é unha satisfacción enorme, que nos motiva a continuar traballando. Esta enfermidade ten unha carga emocional moi grande e polo tanto as condicións nas que se recibe o tratamento son fundamentais. Xa che digo, unha gran satisfacción.  
  • QPC: Considerades “indignante” e “carente de toda lóxica” a negativa da Xunta a asumir o inmbole que o Concello de Corcubión tiña preparado para o Centro de Día. Que credes que pasará nun futuro cercano? Quen debe asumir o custe dunha infraestrutura tan necesaria como esa, despois de ter investido xa 350.000€ no edificio?
O que non ten lóxica é mandar aos maiores de Corcubión a Cabana de Bergantiños ou a Muros, que foi o que respostou o Goberno á nosa pregunta. Tendo o centro de día construido, está claro que o Consorcio, tiña que entrar en razón, mostrar un pouco de humanidade, e facer un Convenio co Concello de Corcubión para poñelo en marcha, xa que falamos de persoas, os nosos pais e nais, non de paquetes que se meten nun coche pola mañán e os recollemos pola tarde. De todas formas, este é un tema que pola nosa parte imos seguir insistindo, ata sácalo adiante.  
  • QPC: Tamén levastes ao Parlamento unha inciativa para eclamarlle á Xunta medidas integrais para resolver uns problemas agravados polo último “parcheo” da vía AC-418 que une Carballo e Buño, nomeadamente dende Xoane ata a vila malpicá. Houbo algunha resposta por parte da Xunta?
De momento nada, agora que empeza a chover, é cando realmente comenza o perigo porque o parcheo xera unha inestabilidade que fai bailar os coches.   Isto é Costas, competencia estatal, presentámolo no Parlamento Galego e tamén no Senado, a través do meu compañeiro Angel Mato. Pola súa partes, os compañeiros e compañeira de Carballo fixeron o mesmo no Concello, como moción. Non é para menos! Ir alí e ver como está aquilo, pon os pelos de punta, calquera día pode ocurrir unha desgraza, especialmente no verán, xa que a Praia está alí debaixo. e quilo atópaso nun estado lamentable.  
  • QPC: E rematamos en clave interna, falando das Primarias Socialistas. Como ves a resposta da militancia costeira? Sae reforzado o partido ou outra vez fracturado?
Despois das primarias temos un novo Secretario Xeral, que é Gonzalo Caballero, o secretario de todos e todas agora, e hai que traballar duro, deixar de mirar cara adentro e mirar para Galicia, porque hai moito por facer. Este Goberno coas súas políticas é en quen nos temos que centrar, e cada un dende o lugar que ocupamos facer o noso traballo para conseguir unha Galicia, mellor, e sobre todo máis xusta, na que poidamos recuperar os dereitos sociais que fomos perdendo ao longo destes anos de goberno de Feijóo.  

Novas relacionadas

Comentarios