Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Madrugada accidentada no centro de Cee

Madrugada accidentada no centro de Cee
As 05:00 da maña un forte ruido espertaba aos veciños da céntrica Avda. Fernando Blanco en Cee, a altura do número 47. Un Ford Mondeo chocaba con ata 3 vehículos aparcados a beira da rúa, nunca colisión múltiple que por fortuna non ocasionou nada mais que danos materiais. O choque, como atestiguan as imaxes, foi o bastante violento como para ocasionar, iso si, múltiples destrozos a un Volswagen, un Peugeot e un Citröen aparcados a beira da estrada a esa hora. Persoados no lugar do sinistro efectivos da Garda Civil, estes puideron practicar a E. B. C., único ocupante e conductor do vehículo sinistrado, un Ford Mondeo branco, un control de alcoholemia que tería resultado inicialmente positivo. Un novo sinistro nas estradas da bisbarra que obriga, unha vez mais, a unha reflexión sobre a importancia de prestar a máxima atención a estrada nestas datas. A chegada das choivas ven de poñer especialmente esbaradía a estrada o que unido aos excesos propios destas datas, está a xerar importantes e numerosos sinistros nas vías da Costa da Morte. É momento de prestar toda a nosa atención ao volante e ser mais respetuosos que nunca coas normas.  

Comentarios