Martes. 09.08.2022
El tiempo

Máis escolares de Cee que coñecen o seu pasado

Máis escolares de Cee que coñecen o seu pasado

Xa comentamos a importancia de que os escolares coñezan o valor patrimonial da Costa. Charlas históricas como as de Víctor Castiñeira, ou as propias visitas aos edificios culturais da zona, deben ser actividades extraescolares obrigatorias para todos os centros.

Un dos que vemos mais activos é o propio IES Fernando Blanco, que ao longo deste último mês xa achegou a 3 grupos a ver as instalacións do museo que o mecenas que dá nome ao seu centenario instituto. Unha visita que lles permite descubrir, como facemos nós cada semana da man do seu Secretario Darío Areas, os Tesouros da Fundación.

Así, o pasado xoves foi o turno para 18 alumnos de 2º de Bacharelato do IES Fernando Blanco, e o venres para un total de 19 alunmos do Lycée Gambetta de Lille (Francia), os cales están de intercambio co outro instituto ceense, o Agra de Raíces. Tanto uns coma outros poideron coñecer a vida do filántropo ceense, así como o seu legado, concienciándose do papel relevante que xogou no desenvolvemento da nosa vila, e por extensión, do papel fundamental que os emigrantes xogaron na educación en Galicia.
Non só visitaron o Museo, senón tamén o vello instituto da vila da Xunqueira (o cal ven de celebrar o seu 125 aniversario, pois foi inaugurado no 1886). Alí percorreron o fermoso xardín e poideron contemplar a capela do centro, capela na que repousan, nun sarcófago de mármore branco, os restos do mecenas.

Para ambos grupos a visita foi realmente emotiva. Para uns porque coñeceron a historia do centro no que estudan; para outros porque a colección que se expón no Museo ten moita relación co seu país (Francia), de feito, prácticamente a totalidade dos aparellos científicos foron mercados no páis veciño hai xa máis dun século.

Máis visitantes da casa

Hai unjas semanas que lle tocaba o turno a un dos grupos de 2º de Bacharelato do IES Fernando Blanco. Acompañados do coordinador do museo, estiveron na antiga Escola de Nenas coñecendo a biografía e legado do fundador, así como a importancia que para Cee tivo a herdanza do filántropo. Quedaron sorprendidos coa riqueza de material didáctico que albergaba o centro, algo inusual no rural galego de finais do século XIX.
Remataron a visita percorrendo o xardín botánico, a capela na que repousan os restos do mecenas, así como a torre do reloxio, algo que lles fixo especial ilusión, posto que é un lugar de restrinxida visita.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Museo Fernando Blanco de Lema, da man do seu Coordinador Darío Areas.
comentarios