Venres. 22.11.2019
El tiempo

O Manuela Rial, á final do concurso Quero Cantar

O Manuela Rial, á final do concurso Quero Cantar
Quero Cantar Manuela Rial O Colexio Manuela Rial de Cee, na final do Quero Cantar

Chega a finalísima do Concurso de música infantil Quero Cantar, e se tiñamos 3 equipos nas "semis", agora na final teremos un representante costeiro.

A canción Soños, do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, clasificouse para a final do certame, que se celebrará no marco dunha gran festa no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 28 de xuño.

Logo dunha primeira fase na que os temas foron sometidos ao veredicto dun xurado de artistas profesionais, e unha segunda fase de votación pública nas redes sociais, o Colexio ceense está entre as cinco bandas que chegan á cita final xunto a Leila Santos, Xente Miúda de San Orente, Colaxe e a Banda Batuke do colexio das Xesuitinas da Coruña. Nesta ocasión, a responsabilidade de decidir a banda gañadora absoluta do certame vai recaer nun xurado formado por cinco nenas e nenos de distintas etapas de educación primaria.

Alí estarán, as Sarai, Adriana, Ainhoa, Clara, Laura, Aitana, Julia, Paula, Adrián e José defendendo este tema.

  A Festa da Final

Como convidados especiais a cita vai contar tamén coa presenza e a actuación de Pablo Díaz e Tic-tac-toc, unha proposta musical que fai furor entre o público familiar de toda Galicia e especialmente entre o da súa cidade, onde cada actuación de banda se converte nunha marabillosa festa para grandes e cativos.

Ademais, na gala final tamén participará entre outras a bande de Colaxe, co seu tema Durme, Elsiña.

O CD de Quero Cantar con 3 cancións costeiras

CD Quero Cantar

Unha vez que rematou o proceso de votación desta segunda fase do concurso, as dez cancións que se han gravar en estudio para a edición do CD Quero cantar 2016 teñen 3 cancións costeiras: "Antón" da Escola de Música de Cee, "Durme, Elsiña" de Colaxe, e a propia "Soños". Xunto a elas "A árbore tropical", "Escola", "Eu vivo", "Imos ver", "Miña terra galega", "Queremos cantar" e "Samaín".

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios