Martes. 30.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula convida ao voluntariado a participar nunha limpeza da praia de Gures

Limpeza praia de Gures
Mar de Fábula convida ao voluntariado a participar nunha limpeza da praia de Gures

Este domingo 21 de maio, o colectivo Mar de Fábula desprázase a Cee para realizar unha das súas limpezas de plásticos da praia de Gures. Vai ser unha limpeza cunha dinámica diferente xa que pola orografía do lugar, será necesario facer unha cadea humana dende a praia até os contedores. “Pura simboloxía para facer fronte todxs unidxs á contaminación mariña”, explica Virginia Barros.

O lugar de encontro será ás 11:00h no aparcamento da estrada.
A entidade levará todo o necesario para a limpeza (luvas reutilizables e sacos).
A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono 608 609 042, ou no correo electrónico: [email protected].

 

Comentarios