O Marcapáxinas de Azara xa percorre Cee
Un ano máis, e xa van dezasete, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” de Cee está a facer o reparto, polos diferentes centros de ensino e centros sociais, do marca-páxinas gañador correspondente ao XVII Concurso “En busca do noso marca-páxinas”, obra realizada por Azara Antelo García e que leva por título “A lectura, un mundo de cores”.
Do citado marca-páxinas (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 2.000, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do Concurso “En busca do noso Marca-páxinas”.
A entrega deste pequeno agasallo faise para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”, cuios premios foron anunciados o pasado mes de maio .
Novas relacionadas
- Maio 21: A Biblioteca de Cee falla os gañadores dos 30 anos de certames literarios.
- Decembro 2019: A Biblioteca de Cee xa ten o seu Marca-páxinas na rúa.
- 2019: A Biblioteca de Cee xa ten os seus escolares gañadores dos concursos de Achegamento ao Libro e Marcapáxinas.
- Maio 18: A Biblioteca de Cee xa ten gañadores dos seus Certames Literarios.
- Maio 2017: Os certames escolares culturais da Biblioteca Francisco Mayán alcanzan os 7.000 traballos presentados.
- Maio 2016: Máis de 400 rapaces achéganse á cultura cos certames da Biblioteca de Cee.