Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez, de nominación en nominación

Marcos Rodríguez, de nominación en nominación

Non será finalmente o Quijote da fotografía estatal, pero Marcos Rodríguez non se amilana ante os Muíños de vento. O fotógrafo carballés afincado en Cee, despois de valorar como positiva a súa nominación aos premios castelán-manchegos, así como á participación na Copa do Mundo, baixa de Rocinante, deixa prantado a Sancho, e afronta un novo reto.

Acaba de recibir a nova de que ten 4 nominacións aos XII Premi Comunitat Valenciana de Fotografia Professional, 2 na categoría de "Reportaxe Gráfica", e 2 en “Paisaxe”.

A entrega de premios farase o día 30 en Valencia na XII Jornadas de Fotografía Profesional de AFPV e alí estará MR por se toca. Non deixan de ser nova estas nominacións en categoría estatal.

Paisaxe dende Panches-Carnota con Fisterra ao fondo-Foto de Marcos Rodríguez finalista da AFPV Paisaxe dende Panches-Carnota con Fisterra ao fondo-Foto de Marcos Rodríguez finalista da AFPV Cabalo salvaxe en Minons-Dumbria-Foto-Marcos Rodriguez Cabalo salvaxe en Miñóns, Dumbría - Foto de Marcos Rodriguez finalista na catehoría Paisaxe da AFPV Gabarra Prima en Reira-Camarinas-Foto-Marcos Rodriguez Gabarra Prima en Reira-Camariñas- Foto de Marcos Rodriguez finalista AFPV Vecino e Bombeiro nun incendio en Pereirina-Foto-Marcos Rodriguez Veciño e Bombeiro nun incendio en Pereiriña-Foto de Marcos Rodriguez finalista en categoría Fotoperiodismo da AFPV

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios