Mércores. 24.04.2024
El tiempo

María Canosa gaña o XIII Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña

María Canosa en Stoupa
María Canosa nun evento na galería Stoupa
María Canosa gaña o XIII Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña

A escritora ceense Maria Canosa vén de gañar o XIII Premios Rosalía de Castro de Lingua que convoca a Deputación da Coruña. Fíxoo na categoría de persoas, igual que a Asociación de Escritores-as en Lingua Galega (AELG), na categoría de entidades; e o proxecto Brazolinda, para iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade.

María Canosa, que recibirá un premio de 5.000€, foi escollida polo xurado polo “seu compromiso firme coa lingua galega e longa traxectoria, que se reflicte nos premios recibidos e no recoñecemento e impacto social en múltiples ámbitos: escritora, divulgadora etc.”. Da AELG salientou “a súa longa traxectoria, con máis de corenta anos, de compromiso co sector literario galego nos seus diferentes xéneros (poesía, teatro, narrativa, ensaio, escrita científica, traducións... ), fomentando o uso e a defensa pública da lingua”. E do proxecto Brazolinda, “non só ter como persoas destinatarias a infancia e o impulso das relacións interxeracionais en lingua galega, senón o fomento da normalización lingüística nos xogos de mesa, un espazo mo que o galego non ten moita presenza ata o momento”.

O xurado formárono María Muíño, delegada especial de políticas de igualdade e normalización lingüística da Deputación; Alexandre Marín, técnico de normalización lingüística do Concello de Culleredo; e os representantes de dous dos gañadores do certame en 2021, Carmen Denébola Álvarez, presidenta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, e Carlos García, de Twitter en galego.

Comentarios