María Lijó Pequeño, gañadora da V Olimpíada Filosófica de Galicia


Filosófica
Seguimos sendo potencia en materia fotográfica, e tamén filosófica. Así o corrobora o novo premio que vén de recibir a alumna de 1º de Bacharelato do IES Fernando Blanco, María Lijó Pequeño, gañadora da V Olimpíada Filosófica de Galicia na modalidade de Fotografía Filosófica.
Esta Olimpíada filosófica foise desenvolvendo ao longo de 4 etapas que comezaron o día 12 de xaneiro e culminou hoxe, día 23 de marzo, na Facultade de Filosofía de Santiago onde as persoas seleccionadas realizaron unha defensa de 5 minutos, explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo.
Este primeiro premio consiste nunha viaxe a Cáceres para participar na Olimpíada Estatal os días 4 e 5 de maio de 2018, cos gastos pagados.
Novas relacionadas
- X, Os aforzunados e Triunfo, os finalistas das Olimpiadas de sabedoría do IES Fernando Blanco.
- O IES Fernando Blanco, un dos 7 centros galegos seleccionados no Programa de Educación Responsable.
- Dúas ex-alumnas do IES Fernando Blanco que triunfan no mundo da arquitectura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).