Martín García Caamaño e Silvia Rodriguez Piñeiro dan un paso adiante no BNG de Cee

08:34 08/07/24
A Asemblea local do BNG de Cee ven de renovar os seus cargos. Aos actuais edís, Montse Canosa e Serxio Domínguez Louro, súmanse incorporacións importantes que dan un paso adiante na formación.
Martín García Caamaño pasa a ser o responsable local, e estará secundado por Silvia Rodriguez Piñeiro, viceresponsable local. Cristina Camba será a secretaría.