Miñones repasou os proxectos do goberno central en Cee
Visitaba onte o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, o Concello de Cee, para falar en clave de “revitalización demográfica”. O Goberno anunciou as axudas para a mocidade de ata 10.800 euros para adquisición dunha vivenda habitual, ou do 60% da renda do alugueiro para residir nun municipio coma o de Cee.
Ademais instou á Xunta a complementar as axudas do Plan Estatal de Vivenda, para a compra e o aluguer, con liñas propias.
Aproveitou a visita para dar varias novas sobre o Concello, como a instalación do Plan UNICO, a través do cal 349 vivendas e empresas da vila van ter novo acceso á conexión de banda ancha de última xeración.
Lembrou tamén os 2 millóns de euros investidos polo IGAPE para a transformación do alumeado público, que permitirá un aforro do 60&.
Ademais, sinalou que as obras de renovación das oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal de Cee, serán licitada polo Goberno a partir do mes de xaneiro cun investimento de máis dun millón de euros.