Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mitic encherá a Xunqueira de rock coa súa gaita

Mitic en Cee
Mitic encherá a Xunqueira de rock coa súa gaita

Este venres 27 de maio chega unha das primeiras citas singulares da celebración do Ano Xubilar Xacobeo da Xunqueira. Tras abrir a Porta Santa, e despois de varios oncertos, un par de presentacións e unha ruta guiada pola Igrexa con Víctor Castiñeira, o programa deste mes de maio remata en clave de música.

A partir das 22:30h, na praza do Concello, o grupo Mitic traerá unha actuación única, que vai ser o inicio da súa xira. O gaiteiro principal do grupo, Álvaro Costas, trae grandes éxitos da historia da música á gaita, Queen, Sinatra, ou BSOs de pelis míticas en versión gaiteira.

Haberá sorpresas ademais, pois fará algo cos gaiteiros da zona.

Todo pensando tamén na PEJ, a gran cita deste verán, cando Cee recibaa uns 1.200 mozos e mozas de todo o mundo os días 27 e 28 de xullo.

Novas relacionadas

Comentarios