Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Mobilización entre as empregadas do Mercadona de Cee ante un novo despedimento

Mercadona en Cee 2
O Mercadona de Cee
Mobilización entre as empregadas do Mercadona de Cee ante un novo despedimento

A situación laboral no Mercadona de Cee está convulsa. Nos últimos meses realizáronse 5 despedimentos na provincia, o último no centro ceense, onde a CIG vén de convocar unha mobilización para o vindeiro 9 de abril, cun parón de 12:30 a 13:30h.
Será a terceira mobilización dos traballadores da provincia, despois dos realizados na Avda. de Oza da Coruña e Santa Marta (Santiago).

”Son despedimentos moi semellantes, por supostos “incumplimento de método”, cando ao noso ver son nimiedades”, explica denuncia María López Alejos, presidenta do comité provincial de Mercadona. “Son métodos herméticos, ocultos, como case todo en Mercadona”, lamenta, criticando o “control exhaustivo, as preavaliacións e avaliacións que sufrimos continuamente as traballadoras”.

Denuncian ademais que desas avaliacións depende a “prima anual”, que chaman xeral por obxectivos e permanencia, e que, segundo a CIG, “se utiliza sistema de chantaxe durante todo o ano para manter submisas ás plantillas para que renuncien “voluntariamente” a calquera dereito básico e fundamental” pois “non só te expós a perder esa Prima senón incluso o traballo”.

Mercadona en Cee

No caso de Cee a polémica sitúa no foco a unha traballadora que habitualmente estaba en froitería. Nun apuro da empresa, colocouna en charcutería, sobre o que si tivera algo de formación hai 4-5 anos, pero que levaba tempo sen exercer. “Si que tivo pequenos incumprimentos do que lle chaman “método”, pero cousas pequenas que lle pode pasar a todos. Ela, fixo un escrito de protesta e a despediron. Dende logo parécenos desproporcionada a medida”, explica Alejos.

”Pese aos seus enormes beneficios e a gran sobrecarga de traballo que sofre o Comercio de Alimentación dende o primeiro momento do inicio da pandemia como servizo esencial, non só non reforzan ó persoal, senón que todo o contrario: despiden, casualmente ás/os que intentan exercer os seus dereitos”, explica a presidenta que esixe a readminisión da traballadora.

Despedimentos en Mercadona

comentarios