Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación

Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación
Xose Neira Vilas na Fundacion Fernando Blanco

Continúa traendo moita actividade o programa cultural "O Mes da Fundación". Esta pasada fin de semana, ademais dos Tesouros da exposición sempre visitable, houbo tempo para os pequenos e para a literatura. Case para a historia.

Foi o mesmo Xosé Neira Vilas, figura viva das nosas letras e profundo coñecedor do fenómeno da emigración a América, o protagonista na xornada do venres 12 de outubro. Escoitalo foi todo un pracer para os asistentes, que comprobaron como o escritor aínda ten a cabeza tremendamente ilustrada.

Tempo dos pequenos, tempo de natureza

A Fundacion encheu de nenos o Salon de Actos do Concello de Cee

Fermosa foi a sesión de contacontos "O duende da natureza" á que o venres acudiron alumnos/as de infantil e 1º ciclo de primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial de Cee.
Dita actividade está encadrada dentro do programa de actos "O Mes da Fundación", e centrouse na importancia do coidado do planeta para que poidamos ter un futuro moito mellor.

O Duende da Natureza estivo en Cee no Mes da Fundacion

Vindeiras actividades

Esta semana o programa estructurarase do seguinte xeito:

  • Martes 15 outubro: Conferencia de D. Ángel Carracedo "Qué se porde facer co ADN?" para alumnos/as de bacharelato dos IES Agra de Raíces e Fernando Blanco.
  • Venres 18 outubro: 2 obradoiros "Ciencia ou Maxia", a cargo da compañía CeoAberto, para alumnos/as de 3º Ciclo Primaria dos Colexios Manuela Rial e Eugenio López.
  • Sábado 19 outubro: Entre as 10 e as 14 horas, xornada de portas abertas do IES Fernando Blanco, así como a tradicional ofrenda floral no sepulcro do fundador. A partir das 20: 30 horas, no salón de Actos do Concello de Cee, sesión de contos tradicionais con Celso Fernández Sanmartín.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios