Neria pasa polo Xulgado por posible fraude no C3M


Seguimos pendentes da que pode ser a última asemblea da Asociación Neria. A semana pasada a directiva a aprazaba ata despois dunha reunión co Presidente da Deputación da Coruña nun último intento de salvar á entidade supramunicipal da “liquidación”, algo moi complicado segundo recoñecen un bo número de alcaldes.
Máis se cadra cando se acaba de coñecer que o Xulgado de Corcubión está investigando á asociación por suposto fraude na recepción subvencións no caso do Centro do Coñecemento. Non será por todas as veces que temos denunciado este sangrante exemplo de como unha entidade que naceu como unha necesidade de unidade, foi perdendo o norte. O C3M estaba pensado para ser un centro pioneiro en Galicia, que achegase aos cidadáns o mundo da tecnoloxía. Un proxecto que nacía en 2010, que suporía o investimento de 1,2 millóns de euros e que abriría as súas portas en xuño de 2011. Aínda en xaneiro de 2014 a Neria botaba a culpa ao Concello de Cee de que non estivese operativo. Un Centro que sempre foi visto como unha quimera polos veciños da zona.
Segundo sinala La Voz de Galicia, os principiais responsables serían os aínda alcaldes de Cee e Camariñas, Ramón Vigo, e Manuel Valeriano Alonso Pichurri; o presidente Fracisco Javier González, o único citado a declarar polo de agora a pesar de que naquel entón nin sequera estaba na entidade; o tesoureiro Antonio Cundíns, e o ex secretario e verdadeiro responsable, como el mesmo se declara, Xan García.
A Fiscalía inicia a investigación a raíz dunha Auditoría que fai en 2015 o Ministerio, notando que o edificio non está rematado pero os cartos do convenio si que foron gastados. Daquela Xan García aseguraba xa que só quedaba "pintalo por dentro", e agora mantén que estaba todo en regra. Di máis, Xan García e asegura que “de non ser porque o Banco nos deixou colgados co crédito, o C3M estaría funcionando”.
Polo de agora quedan pendente para os vindeiros 15 días novas reunión a entidade, nas que a directiva ten que negociar a súa viabilidade. Novas relacionadas
- Setembro 2016: A última asemblea da Asociación Neria?.
- Setembro 2016: Piden que o Concello de Cee abandone a Neria.
- Marzo 2016: Xa son 5 os Concellos que abandonan a Asociación Neria.
- Xaneiro 2016: Mazaricos sae da Neria e busca abrir o Polígono.
- A Deputación auditará as contas da Neria
- 16-02-15: Piden unha auditoría das contas da Neria.
- Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria.
- 04-12-14: Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- 30-11-14: A Neria, en quebra.
- 03-09-14: Denuncian adxudicacións ilegais á Neria.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- Xaneiro 2014: A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- Setembro 2012: O C3M estará en marcha en marzo de 2013.
- Xuño 2011: A innovación tecnolóxica da Costa segue á espera do C3M.
- Marzo 2011: O Centro de Coñecemento da Costa da Morte abrirá as súas portas en xuño.
- Agardando polos códigos Qr.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- La Voz.
- Radio Nordés.