mércores. 30.04.2025
El tiempo

Nova oportunidade para sacar a ESO de adultos no IES de Cee

Nova oportunidade para sacar a ESO de adultos no IES de Cee
Estatua do Edificio Fernando Blanco

Dende o IES Fernando Blanco de Cee queren lembrarnos que neste mes de xaneiro está aberto o prazo de matrícula para aquelas persoas interesadas en cursar estudos polo réxime de adultos.

Estas ensinanzas, dirixidas ao alumnado maior de 18 anos, comezan a súa oferta no nivel de Alfabetización e están encamiñadas á consecución do graduado en Educación Secundaria. Dende o mes de setembro véñense cursando os módulos I e III, correspondentes aos 1º e 3º curso da ESO respectivamente. No mes de febreiro comezarán os módulos II e IV, correspondentes a 2º e 4º da ESO, aos que se poden incorporar aquelas persoas que cumpran os requisitos precisos.

As clases impártense de luns a xoves, en horario de tarde-noite. Ata o martes 27 de xaneiro poderase formalizar a matrícula. Para o alumnado novo terase en conta a orde de preinscrición. As clases comezarán o luns 9 de febreiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • IES Fernando Blanco (Cee).

Comentarios