Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novas obras de mellora da seguridade no Camiño pola AC-445 entre Corcubión e Estorde

AC-445 Camiño Fisterra_Cee 5+260 a 6+053
Novas obras de mellora da seguridade no Camiño pola AC-445 entre Corcubión e Estorde

Está a executar a Xunta novas obras de mellora da seguridade na AC-445, no treito coincidente co Camiño de Fisterra. Unha desas zonas onde os peregrinos se xogan a vida compartindo estrada cos vehículos.

A intervención, cun orzamento de 87.000€, inclúe a execución dunha condución de pluviais mediante 84 metros de tubaxe e a construción dunha senda que supera os 630 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 5+260 e 6+053.
Os traballos compleméntanse coa mellora da sinalización, coa disposición de novos sinais reflectores e con indicacións relativas ao Camiño de Santiago.

Comentarios