Mércores. 21.02.2024
El tiempo

Novo cruce de declaracións entre a xestora e os militantes “traizoados” do PP de Cee

Novo cruce de declaracións entre a xestora e os militantes “traizoados” do PP de Cee
Lista do PP de Cee 2015 Poucos quedan a día de hoxe no PP de Cee desta imaxe, da lista para as eleccións de 2015-Foto-Rafa Quintáns

Segue convulsa a situación no seo do PP de Cee. Este venres 18 de maio, o presidente da recente creada xestora do grupo local, Ramón Iglesias, aseguraba que van “falar con todos e cada un dos militantes que solicitaron a baixa”. Iglesias recoñecía non queren que “ninguén quede á marxe, pois estou seguro de que todos temos o mesmo obxectivo: recuperar a alcaldía de Cee”, apuntou.

O PP ceés anunciou que celebrará reunións con toda a militancia para activar o partido de cara ás eleccións municipais e poder “xerar ilusión, volver estar a pé de rúa e coa xente”. Nese sentido, o presidente da xestora recoñece que tras os cambios que se produciron no partido a nivel local durante os últimos días é “necesario falar coa nosa militancia, escoitala e explicarlles as nosas ideas e coñecer de primeira man as que teñen eles”.

A visión dos “traizoados”

O grupo de simpatizantes e militantes do Partido Popular de Cee que a semana pasada se daban de baixa, queren amosar unha vez máis “o noso profundo desacordo coa dirección provincial do partido”. Desta volta é Juan Hermida o que lamenta que Evaristo Ben aseguraba nunha entrevista que “falara cunhas 300 persoas de Cee e que non había ningún problema. Quixeramos saber con que persoas falou ou, se coma nós pensamos, se equivocou de concello e falou con outros que nada teñen que ver con Cee”, pregúntase.

Hermida, que sinala que xa son “medio centenar os que nos dimos de baixa da formación”, lonxe de ser un “número insignificante, como sinalaba Ben. Considera ademais que “a provincial nos volve a ningunear dicindo que aínda non hai candidato decidido e iso está máis que confirmado, o que falta é o anuncio oficial, nada máis”.

”Nen sequera admiten que se equivocaron, e parécenos moi ben a afirmación de que a rexente xestora sexa un órgano aberto pero hai que, coma mínimo e por respeto, chamar a xente para que tivera a oportunidade de poder asistir a esa reunión”, sinala.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios