O atleta ceés Elian Numa, prata no Campionato de España Sub-20, quedou a 7 décimas do Mundial
19:18 27/06/18
Elian Numa, á esquerda, coa prata no Campionato de España Sub20
Seguímoslle a pista (nunca mellor dito) en QPC dende 2013, cando xa se proclamaba campión galego infantil, ata o 2016 cando se proclamaba doble campión galego. Pero a súa progresión chama a atención ata o Seleccionados Nacional, que no podio felicitábao polo seu gran traballo, ao lembrar que o aínda o ano pasado, en idade xuvenil, non era capaz de meterse na final estatal, mentres este ano disfruta dunha medalla de prata.
Falamos de Elian Numa, atleta ceés nado no ano 2000, que segue demostrando que non ten teito, despois de alcanzar o subcampionato do Campionato de España sub-20 celebrado esta pasada fin de semana en Murcia. Unha gran nova para todo o deporte da Costa da Morte, que porén, queda cun sabor agridoce porque quedou a só 7 décimas de conseguir a marca mínima para ir ao Campionato do Mundo.
Pode que sexan palabras maiores, pero o seu adestrador Coruña Comarca, equipo co que compite agora o ceés criado na familia do Olimpia, teno claro. “Vai marcar unha época no atletismo galego”, afirma José Carlos Tuñas, que espera que o Seleccionador aínda se acorde do costeiro este verán, cando se celebre o Encuentro internacional en Túnez.
Deste xeito, non desbota que Elian vista a camisola nacional para completar este impresionante 2018.
Unha longa carreira
Elina chegana despois de quedar 5º na final do Campionato de España de pista cuberta celebrado en Ourense. Chegada ademais coa segunda mellor marca de todos os atletas. Pero correu tranquilo, contemporizando e gardando forzas para a gran final. Foi pasando roldas, ata a semifinal do sábado, que comezou moi tranquilo, na zona de atrás ata os últimos 200m que pegou un arreón e se meteu entre os dous primeiros que daban pase á final.
Unha final que, por mor dun erro na contabilización dos tempos, contou con 12 participantes, o que complicaba moito a carreira. O favorito, o tinerfeño Eduardo Romero, saíu tirando moi forte dende o comezo e Elian Numa foi detrás del, aguantou e chegou a súa impresionante medalla de prata, cun tempo de 1’50’70, a apenas esas 70 centésimas da marca mínima que lle serviría para viaxar ao Campionato do Mundo, que se celebrará en xullo en Finlandia.
Elian Numa chegando a meta dos 800 metros no Campionato de Espana sub20 de Murcia