Xoves. 28.05.2020
El tiempo

O BNG de Cee denuncia o incumprimento dos horarios comerciais

O BNG de Cee denuncia o incumprimento dos horarios comerciais
Os horarios comerciais de Cee é un debate que xa vén de moitos anos atrás. Sumado á problematica de se abrir ou non abrir os festivos, chega agora un novo asunto. Segundo indican dende o Bloque Nacionalista Galego - BNG - unha empresa de distribución situada na entrada da vila está incumprir a lei de horarios comerciais de Galicia xa que "habitualmente permanece abertaos domingos pola tarde e os días festivos fóra do horario que ten o mercado dominical". Por este motivo, dende as listas socialistas exisen que o goberno local faga cumprir os horarios comerciais xa que esta situación "suón unha competencial desleal co pequeno comercio da vila". No seu comunicado de prensa, o BNG reafirmarse na defensa do pequeno comercio como parte importante no tecido productivo xa que "exerce unha función social moi importante e constitúe un elemento esencial na configuración do territorio e a vertebración das vilas". Novas relacionadas Fonte

comentarios