O BNG de Cee esixe a reparación urxente do parque infantil do Recheo
08:08 23/05/18
Algúns dos xogos supoñen un perigo para os/as usuarios/as
Despois das queixas recibidas por varios pais e nais, o BNG de Cee pídelle ao goberno municipal quere arranxe de forma urxente o parque infantil do Recheo debido a que o seu estado leva consigo riscos para os nenos e nenas, sinalan desde o bloque. Deste xeito, esta mañá os membros do BNG de Cee presentarán un pequeno informe co fin de poñer a situación en coñecemento do goberno local.
"Débese proceder de inmediato á reparación dos elementos en mal estado, e de non ser posible substituilos no momento, retirar aqueles que poden causar lesións graves. Non é de recibo que nun parque infantil se teñan aramios a altura da faciana das crianzas que poderían causar lesións irreversibles nos ollos. Só un goberno paralizado e sen gañas permite que poidan estar bens municipais neste estado" sinala Serxio Domínguez, portavoz do BNG de Cee.
Novas relacionadas
- Abril 18: O BNG de Cee presenta unha moción sobre as pensións
- Marzo 18: 400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións
- Marzo 18: A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031.
- Xaneiro 17: A CIG pon un autobús dende Cee para asistir á manifestación en defensa das pensións.
- Xuño 2016: Análise das pensións na Costa da Morte-Galicia: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte:
- Novembro 2013: Cee analizou o drama das pensións.
- Outubro 2013: Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- BNG de Cee