Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O BNG de Cee leva ao pleno unha moción contra a violencia machista e outra contra a pobreza enerxética

O BNG de Cee leva ao pleno unha moción contra a violencia machista e outra contra a pobreza enerxética
Os membros do Bloque Nacionalista Galego - BNG - de Cee acudirán ao pleno de hoxe con dúas mocións debaixo do brazo. Na primeira, pedirán que sexa a administración local, por ser a máis próxima á veciñanza, o punto de referencia para combater a violencia machista de xeito que se poida avanzar no recoñecemento das realidades de violencia de xénero e na súa prevención. Desta forma, pretenden que dende aquí se inste á Xunta para que traslade ao goberno a necesidade de modificar a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, introducindo o termo feminicidio e iniciar os traballos para desenvolver o Estatuto de Vítima de Feminicidio. Ademais desta, propoñen outras medidas a favor do apoio económico, psicolóxico e social das vítimas así como traballar na prevención do problema. Na segunda das mocións do BNG para o pleno de hoxe pedirá o apoio da corporación municipal á proposición de lei de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética que se está a impulsar por iniciativa lexislativa popular a Confederación Intersindical Galega e dar traslado do mesmo á presidencia do Parlamento de Galiza, portavoces parlamentares e presidente da Xunta de Galiza. Fonte

Comentarios