Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee propón adicarlle o mes de febreiro a Rosalía de Castro

O BNG de Cee propón adicarlle o mes de febreiro a Rosalía de Castro
En febreiro cúmprense 179 do nacemento de Rosalía de Castro En febreiro cúmprense 179 do nacemento de Rosalía de Castro O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Este acontecemento, ao entender dos membros do BNG de Cee, merece celebrarse para comprometerse así co uso do idioma galego que fai uns meses sufriu unha pequena crise no municipio. Por este motivo, o BNG de Cee propoñerá no próximo pleno unha moción para adicar o mes de febreiro á escritora cunha serie de actividades entre as que se atopan apoiar a realización de actividades de promoción da obra de Rosalía. Os nacionalistas propoñen accións que impliquen á toda a veciñanza como pendurar bandeiras galegas nas casas e nas institucións, realizar lecturas públicas da obra rosaliana e desnvolver unha serie de actividades para promover o coñecemento de actualizacións da obra da escritora a través da música, o teatro, a literatura ou a danza, así como seminarios, mesas redondas e/ou conferencias sobre a súa obra e figura. Ademais na moción os nacionalistas solicitarán apoiar todas as iniciativas de mobilizacións que se desenvolvan ao longo do mes de febreiro para reivindicar o futuro do idioma galego e a activación de medidas a prol do seu uso en todos os ámbitos. E por último, propoñerán solicitar da Xunta unha mudanza na política lingüística desenvolvida até o momento, retomar o consenso e promover, nun prazo máximo de seis meses, mudanzas lexislativas substanciais guiadas pola activación de políticas lingüísticas a prol do galego. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios