Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión

O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión
Ata hai pouco as tuberías das casas vertían directamente en moitos puntos da ría de Corcubión

A visita dos eurodeputados en datas pasadas as rías galegas, e na que non estiveron na nosa por falla de tempo, incitou ao BNG a valorar que este "é bo momento para darlle saída a un verdadeiro saneamento integral da ría de Corcubión". Unha petición que xa realizaran cando o Goberno anulaba a praia artificial de Corcubión e que vén sendo unha necesidade dende hai moitos anos.

Así o afirmaban onte nunha rolda de prensa Carlos Aymerich, na compaña dos portavozes de Cee e Corcubion, Serxio Domínguez Louro e Oscar Insua Lema, pedindo a "irremediable inversión por parte da Xunta para solucionar os problemas actuais, revisar axeitadamente a rede de colectores, separar as augas fecais das pluviais, e estudar si é preciso redimensionar a estación depuradora ou simplemente bastaría con póla a funcionar de xeito correcto".

Serxio-Dominguez-Aymerich-e-Oscar-Insua

Compatibilidade ca fábrica de tubos

En contra do que opinan os propios mariscadores, o BNG considera "complementarias" as actividades marisqueira e industrial da fábrica de tubaxes, pendentes aínda de concretarse a súa ubicación.

Conclusións positivas

Entende que "feita esta inversión, as consecuencias positivas serían inmediatas. A nível turístico, onde as calidades das augas son un factor importantísimo a ter en conta por quen nos visita, e sobor de todo, sería unha revitalización económica para os concellos de Cee e Corcubión, así como para toda a comarca, xa que se podería recuperar a ría para o marisqueo nas súas praias, habendo así mais lugares onde mariscar e aumentaríase a produción existente que pasaría de ser en zona C a zona apta para o consumo, que leva consigo un maior prezo das capturas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios