Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Goberno anula a adxudicación da praia artificial de Corcubión

O Goberno anula a adxudicación da praia artificial de Corcubión

Rematou a loita do pobo corcubionés contra o chamado Proxecto de Rexeneración da Praia de Corcubión. Finalmente a praia artificial de Corcubión non se "construirá". O Goberno Central respostaba hoxe unha pregunta do BNG no Congreso dos Deputados con sobre o asunto con esta simple resposta:

  • "El Gobierno entiende la posición del Ayuntamiento de Corcubión manifestada en Acuerdos de Pleno en los que rechazaba la obr de Regeneración de la playa de Corcubión, procede a anular la adjudicación realizada, por lo que ha iniciado los trámiter necesarios para ello".

Remata con esta resolución un proxecto moi polémico na vila, que mesmo provocou a creación dunha plataforma veciñal, a Plataforma en Defensa da Ría de Corcubión, que dende o 2008 leva loitando contra o proxecto. Un proxecto que contaba co rexeitamento de boa parte da veciñanza (700 sinaturas o corroboran), co rexeitamento do pleno e mesmo co rexeitamento do PP.

E o saneamento?

Así e todo, o como aseguraba o voceiro do BNG de Corcubión, a reposta do Goberno central non foi completa. I é que tanto o grupo da oposición como o colectivo medioambientalista solicitaba que o máis de 1 millón de euros que costaría a praia se reinvertisen no saenamento integral da Ría de Corcubión. Parece que este logro non será tan sinxelo...
Pero dende o BNG apuntaron que "aquí non remata a batalla, pois o seguinte paso será pedir unha entrevista individual (unha vez que o alcalde xa rexeitou participou nunha entrevista conxunta con Patrimonio polo tema do PEPRI) coas entidades pertinentes para acadar o saneamento integral da ría de Corcubión, que ademais de unha demanda da veciñanza, xa é unha obriga da UE".

O que si xa está da man do Valedor do Pobo (da institución...) e a denuncia do BNG por falta de liberdade de expresión ao terlle arrincado unha pancarta na praza da vila.
O BNG lembrou "os seus 6 anos en loita contra o proxecto" e quixo agradecer "a implicación de todos os veciños que se opuxeron sen agocharse, así como o traballo da Plataforma, os colectivos de mariñeiros, mariscadores... e o traballo dos Deputados, Congresistas e Eurodeputados do BNG".

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios