Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión

O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión
Ria de Corcubion

Sen dúbida, é un dos problemas históricos da comarca de Fisterra. A contaminación da ría de Corcubión, asolagada de metais pesados industriais e de coliformes pola falta de saneamento, é unha das reivindicacións históricas das vilas de Cee e Corcubión. Todas as oposicións sacan o tema a cotío, sendo o BNG o máis reivindicativo. O asunto xa foi entre as enmendas dos orzamentos da Xunta do ano pasado, e esta semana, a deputada do BNG, Ana Pontón, preguntaba polo estado das Rías Galegas no Parlamento, preguntando polo informe que xa lle solicitaran á Xunta sobre o estado da “ría de Cee-Corcubión” (como a denomina o grupo opositor) e sobre o que aínda non houbo resposta.

A cuestión chegou no marco dunha intervención para sanear as rías galegas ante os problemas detectados nalgunhas depuradoras, lembrando que da calidade das augas depende a grande actividade económica do marisqueo, pesca e turismo.

Lembran que “Feijóo anunciou 1.000 millóns de euros”, pero ao mesmo tempo “a Xunta recoñece os problemas e amparase en que hai 25 anos estamos peor nesta materia.

Pola súa parte, o director xeral de Augas de Galiza, Gonzalo Mosquera reiterou que na actualidade existen 153 depuradoras fronte unha hai 25 anos. Unha delas é a de Malpica, en construción.

Novas relacionadas co saneamento da ría de Corcubión

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios