Mércores. 18.09.2024
El tiempo

O Campo de San Paio de Refoxos terá unha nova grada

O Campo de San Paio de Refoxos terá unha nova grada
Imaxe dun partido no San Paio de Refoxos  - Foto- Jose Cambeiro Imaxe dun partido no San Paio de Refoxos - Foto- Jose Cambeiro

Están servindo as axudas da Deputación para modernizar os campos do Fútbol da Costa. Se xa o vimos en Zas e Muros, desta volta, o Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a formalización do contrato para a realización de obras de mellora no campo de fútbol municipal de Cee. A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Acción Social (PAS), financia con 60.034 euros estes traballos, que consistirán na retirada das cubertas, que se atopan en moi mal estado e poden ocasionar perigos ante fortes ventos e outras inclemencias climáticas.

Os fondos provinciais tamén sufragan a creación dunha nova grada de tres filas, prefabricada en formigón e con cuberta de chapa. As novas bancadas terán uns 25 metros de lonxitude, pero serán susceptibles de ampliarse outros 25 metros nun futuro. Así mesmo, impermeabilizarase o pavimento da gradaría actual, para protexer do mofo e as humidades os vestiarios que se sitúan debaixo.

Por outra banda, retiraranse os portalóns de acceso ao recinto e substituiranse por outros de chapa perforada. Todas estas obras, das que se encargará a empresa Contrucciones Daniel Ogando, terán unha duración estimada de dous meses.

Saneamento e canalización de pluviais ata a depuradora de Lires

Tamén se levará a cabo o acondicionamento da rede de saneamento municipal, adxudicada a Búa Construcciónes y Servicios por un importe de 91.900 euros. Estas actuacións consistirán na reposición de varios tramos de redes de pluviais e de saneamento, así coma a reparación dunha estación de bombeo e da EDAR de Lires. Os traballos incluirán a roza e limpeza previa dos terreos e a reposición dos pavimentos afectados.

Novas beirarrúas en As Lamas

Outro dos plans da A Deputación da Coruña, o Plan de Obras e Servizos (POS), financia con 25.863 un proxecto para dotar de beirarrúas ao lugar de As Lamas, situado na parroquia de Ameixenda. As obras consistirán na execución de 155 metros de beirarrúas, así coma as correspondentes redes de pluviais e de auga potable, pozos de rexistro e sumidoiros. Estas beirarrúas, que terán un ancho de 1,80 metros, teñen o obxectivo de favorecer o tránsito a pé e mellorar a seguridade viaria dos case 300 veciños de As Lamas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios