Venres. 29.03.2024
El tiempo

O candidato libertario á alcaldía de Cee recibe a visita dos responsables nacionais

O candidato libertario á alcaldía de Cee recibe a visita dos responsables nacionais

A racionalización de custos municipais e a eliminación de trabas á creación de emprego son os piares básicos do programa do Partido Libertario de Cee. Así llo explicou o novo candidato ceense Adrián Leira ao Presidente do Partido Libertario, Daniel Martínez e o Secretario Federal de Organización, Alejandro Mulet, na reunión que mantiveron esta pasada semana.

Preparando xa a campaña das vindeiras eleccións de maio 2019, Leira debullou os 12 puntos do seu programa. Ademais, aproveitou para dar conta das primeiras accións públicas, como a denuncia, despois do falecemento de varias persoas no mar da Costa da Morte hai un par de semanas, do estado do heliporto de Lires, parado dende 2014. Así, os libertarios de Cee reclaman que se realice unha avaliación técnica independente, e que no caso de que o heliporto sexa viable, sexa dotado dos equipos necesarios para que volva estar en funcionamento.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/adrian-leira-presentase-como-candidato-a-alcaldia-de-cee-polo-partido-libertario/

Comentarios