Venres. 26.04.2024
El tiempo

O caso do Pazo de Meirás aumenta a expectación sobre a apertura do Castelo de Ameixenda

O caso do Pazo de Meirás aumenta a expectación sobre a apertura do Castelo de Ameixenda
Imaxes do Castelo de Ameixenda en idealista Imaxes do interior do Castelo de Ameixenda en idealista

Continúa a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe pelexando por conseguir a súa apertura, alomenos durante 4 días ao mes como esixe a Lei 5/2016 todos os Bens de Interese Cultural. Pelexando ademais por intentar que o Castelo remate sendo público aínda que a verdade non parece probable que as administracións gasten os 6 millóns que pide o propietario, un riojano magnate do viño pola súa venta.

Estas semanas, o asunto do Pazo de Meirás está permitindo traer á actualidade estas casos dos BICs pechados, un clásico na comarca. Poucas entidades hai que batallen polo mantemento da lei e pola apertura, pero dende Ameixenda non paran.

Este pasado domingo Pablo Álvarez Caamaño e compañía puxeron de novo a mesa de recollida de sinaturas. Consideraron a sesión como unha das mellores, con firmas de xentes de Culleredo, ourense, Compostela, Madrid, Zaragoza... que ben entenderon as demandas da sociedade. “Dado á grande afluencia de xente de fóra que non coñecía o que acontecía co Castelo do Príncipe utilizamos o caso do pazo de Meirás para ubicalos, xa que era moi similar”, explícanos.

En canto a futuras accións, están preparando unha pregunta para que o BNG leve ao parlamento de Galicia e obrigar a Feijóo a responder se vai a facer algo por aplicar a lei que eles mesmos fixeron e que, como ben sabemos aquí, non se está a respetar.

Non será a única acción, pero seguro que nos manteñen informados.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios